
Localia Vigo, que en breve celebrará o seu décimo aniversario de actividade, cobre arestora, coas súas emisións en TDT a través da canle 34 da UHF practicamente o 100% da audiencia de Vigo e o 83% dos concellos que forman parte da súa contorna: Redondela, Baiona, Bueu, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Salceda de Caselas e Soutomario.
Localia Coruña, tamén en toda Galicia
Actualmente a demarcación da TDT de ámbito local de A Coruña, pese a contar con 3 concesións, só ten operativo o sinal de Localia Coruña, e grazas á súa incorporación a R a súa programación pode recibirse dende os fogares co servizo de televisión multicanle do operador de cable por toda Galicia, o que é posible dende o pasado 21 de xuño.
As emisoras galegas de Localia xa estaban dispoñible para os clientes de R a través do sinal de TDT que achega a compañía (en cadansúa cidade) pero coa incorporación dos seus programas á oferta multicanle as súas emisións convértense en autonómicas e facilítase a súa recepción dende o descodificador televisivo.
Vídeo promocional da incorporación de Localia Coruña á oferta televisiva de R
