
Por este vieiro tamén se moveu Patricia García, presidenta de AJE Galicia, que no acto de apertura das sesións convidou aos participantes e á sociedade galega por enteiro a loitar directamente en contra da crise, sendo unha boa maneira de facelo sacar adiante proxectos empresariais que xeren emprego e riqueza.
Volvendo aos relatores estrela da xornada, dicir que Jesús Encinar, responsable da posta en marcha do portal inmobiliario www.idealista.com, tivo tempo de facer un percorrido pola xénese e o desenvolvemento desta web, hoxe en día situada nos primeiros postos do sector inmobiliario pero que, segundo contou, requiriu grandes esforzos para acadar este punto. Máis en detalle do 80% do seu tempo diario durante os primeiros dous anos de vida do proxecto. Con todo, non quixo desanimar a ninguén. Iso si, quixo deixar claro que refuxiarse na axuda financeira de entidades bancarias non é o mellor comezo posible. Ao seu xuízo, para trunfar no eido empresarial hai que “facer tolemias ás veces”, e facer cousas diferentes respecto a cómo as fai o resto dos competidores. “
Hai dez anos”, proseguiu, “era impensable que empresas por Internet gañaran cartos e, malia todo, hoxe en día é onde está o meirande potencial; nos negocios o importante non é ter a ambición de acadar algo grande, senón de facer ben o que se vaia facer”. Na súa opinión, os novos emprendedores deben tirar proveito das vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías, que non só fan doada a globalización dos negocios, sen límites de tipo xeográfico, senón que tamén permitiron abaratar moitos dos custes iniciais que antes facían case imposible a creación dunha empresa.
A primeira xornada do congreso, que prosegue este venres, contou tamén coa presenza de Emilio Duró, abandeirado da teoría que liga o optimismo coa produtividade, que tirou proveito da súa estadía en Vigo para animar a vivir os negocios coa mesma ilusión e paixón que poñemos noutras actividades da vida, aconsellándolles aos emprendedores que non perdan de vista cal debe ser o seu obxectivo: facer o que lles gusta.
Jesús Encinar amosa en Vigo o amplo potencial da Rede para os negocios
Compartir Este Artigo
