
No acto de presentación Zuckerberg confirmou que Facebook conta actualmente con 750 millóns de usuarios activos e tamén presentou novidades no sistema de chat de Facebook como é que os amigos cos que máis conversamos aparezan destacados e a posibilidade de engadir de xeito instantáneo a varios amigos a unha conversa.
De todos os xeitos esta presentación resultou un tanto decepcionante por limitarse Facebook a incorporar un sistema de videoconferencias 1 a 1, mentres que Google+ permite realizar quedadas en vídeo (de ata 10 amigos), polo que de momento Google conta cunha proposta máis atractiva e de balde (para facer uso das videochamadas grupais de Skype hai que pagar 5,99 euros/mes).
Vídeo de presentación da vídeo chamada a través de Facebook
