
Os días vindeiros manterase aberto (ata o 21 de xullo) un prazo de dúas semanas para que as empresas do noso sector TIC teñan oportunidade de recorrer a decisión de ter elixido unha vez máis a Coremain.
Cómpre lembrar que o ano anterior, estes procesos desenvolvéronse máis tarde, polo que é de supoñer que o adiantamento dos mesmos este verán responde a un interese da Consellería por evitar que aconteza o mesmo. Desta volta os equipos terán que estar antes do 21 de setembro no almacén que a Consellería ten na Estrada, contemplándose a posibilidade de entregalos xa directamente aos centros da Xunta co fin de axilizar ao máximo o proceso. Con todo, fixáronse máis esixencias por parte de Educación para evitar os adiamentos do ano pasado. Por exemplo: un punto concreto no prego de condicións no que se especifica que a firma con sede en Santiago deberá facer a entrega nos dous meses fixados. De non darse así o proceso, a empresa perdería o 0,02% do prezo do contrato por cada xornada de adiamento. Ou sexa, que desta volta, Coremain perdería 104 euros ao día.
Coremain terá que entregar os novos equipos de ABALAR antes do 21 de setembro
Compartir Este Artigo
