As instalacións do centro Gradiant recibiron este mércores 6 a visita dun grupo de estudantes procedentes de distintos recantos da xeografía estatal co fin de coñecer, de primeira man, as actividades postas en marcha no espazo de I+D en materia de novas tecnoloxías para potenciar e ampliar a investigación mariña. A visita, organizada polo Campus do Mar e a FECYT dentro do programa Campus Científico de Verán, terá continuidade o vindeiro mércores, data na que se dará acollida a outro de futuros investigadores.
Estas actividades, informa Gradiant, céntranse sobre todo en informar do traballo dos profesionais dun centro de I+D como o galego, en familiarizar aos participantes con aquelas tecnoloxías de meirande proxección nun contorno mariño e proporlles diversos retos de cara a espertar a súa curiosidade e estimular a súa creatividade.
Xa nun eido máis concreto, os estudantes poden coñecer con estes itinerarios o traballo diario dos investigadores do centro galego, participando arreo nos diferentes obradoiros (electrónica, ultrasóns, posicionamento no mar, comunicacións por satélite e de longa distancia, etc). “Trátase de que os estudantes descubran por si mesmos que o ámbito mariño dá acubillo a numerosos problemas que poden ser resoltos con tecnoloxías da información e as comunicacións”, informan.
Gradiant deu comezo á súas xeiras de visitas estudantís
Compartir Este Artigo
