
Aínda que existen páxinas web específicas para mascotas, nas plataformas xeneralistas están a causar furor, e coma exemplo temos que o gato xaponés Maru ten 140.200 subscritores na súa canle de YouTube que sumou máis de 108 millóns de reproducións; o cadelo Boo ten máis de 1,3 millóns de seguidores en Facebook, espazo no que moitos usuarios ven simpáticas imaxes do animaliño (que en moitas das instantáneas viste diferentes camisetas) que acumulan milleiros de Gústame cada hora; o gato Sockington está preto dos 1,5 millóns de seguidores en Twitter;e mesmo Beast, o Puli de Mark Zuckerberg e Priscilla Chan, é unha das mascotas máis populares da Internet.
Ao parecer, este éxito das mascotas na Rede non deixa de ser un simple reflexo da importancia que teñen os nosos peludos amigos nas nosas vidas, aínda que resulta curioso que en moitos casos superen en popularidade aos seus donos.
As mascotas gañan popularidade nas redes sociais
Compartir Este Artigo
