
Estas xornadas de Optare contarán tamén coa presenza do conselleiro de Economía, Javier Guerra, e do centro Gradiant, representado polo seu director xeral Fernando Pérez González, quen desenvolverá o papel de moderador.
O foro de debate, ademais, complementarase coa inauguración oficial das novas dependencias de Optare Solutions, emprazadas no Parque Tecnolóxico de Vigo, acto no que participará, tamén, Javier Guerra. Volvendo á xornada, dicir que está prevista para este 21 de xullo, xoves, no Auditorio de Texvigo, o devandito parque emprazado en Valadares.
O encontro dará comezo ás 18.10 e prolongarase ata as 20.00, intre no que se dará comezo á apertura oficial das instalacións de Optare. Sinalar que esta empresa, da que falamos recentemente para dar conta da posta en marcha da comunidade Natural Born Telco, centra unha boa parte da súa actividade na consultoría tecnolóxica e das comunicacións. Arestora conta con 60 empregados, o 87% dos cales son enxeñeiros de telecomunicacións ou informática, moitos deles formados na Universidade de Vigo. As novas instalacións da empresa galega representan, en palabras dos propios responsables da mesma, “un investimento clave para a compañía no camiño de incrementar o seu equipo laboral e continuar co seu crecemento no mercado internacional achegando servizos de alto valor engadido”.
O futuro das telecomunicacións, a debate na inauguración das novas oficinas de Optare en Vigo
Compartir Este Artigo
