

O pasado 22 de xullo Intermax tamén colaborou coas festas de Carvia (Vila de Cruces, Pontevedra), a onde achegaron infraestrutura de rede de transporte e acceso, o que permitiu que os mozos puideran conectarse á Internet de balde durante a celebración da festividade.
Precisamente na zona Intermax instalou un novo repetidor o pasado domingo, nunha torre de 15 metros alimentada por enerxía eólica no monte Facha de Vila de Cruces, nunha localización cedida pola Asociación de Veciños, que xuntou a outras 6 instalacións na mesma zona postas en marcha nos últimos 2 meses mellora a expansión da operadora polo sur de Lugo e norte de Pontevedra, ofrecendo unha cobertura próxima ao 100% nos concellos onde dan servizo. Están incluídos neste plan de expansión Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Agolada, Rodeiro, Lalín e Dozón.
Durante as festas de Carvia puideron gozar de conexión á Internet grazas a Intermax
Instalación de Intermax en monte Facha
Proxecto Igrexa 2.0
Os servizos de telecomunicacións sen fíos non serven só para conectarse á Internet, senón que tamén sosteñen servizos de distinta índole como o de videovixilancia, o que veñen de presentar na igrexa parroquial de San Xoán de Furelos (Melide), unha das 8 parroquias de Melide, Arzúa e Santiso nas que Intermax instalará un sistema que facilitará a seguridade dos lugares de culto, podendo aproveitarse tal infraestrutura para a retransmisión de misas en liña ou para tocar as campás a través do móbil.
Presentación do proxecto de videovixilancia nas igrexas de Melide, Arzúa e Santiso
