Os usuarios da Xbox 360 que teñan un sensor Kinect poden descargar dende hoxe Avatar Kinect, un novo servizo que permite organizar xuntanzas cos amigos en escenarios 3D á vez que a nosa representación virtual en pantalla imita os nosos xestos e expresións. Temos así unha aplicación de chat con soporte de voz que pode xuntar ata a 8 persoas (que conten cunha subscrición de pagamento ao servizo Xbox LIVE) nun dos 24 escenarios virtuais dispoñibles, o que pode entenderse como unha excelente oportunidade para interactuar a través da Xbox 360 ou unha mera curiosidade sobre as posibilidades que Kinect pode abrir grazas á súa tecnoloxía (pois que o seu recoñecemento facial traslade a nosa cara en tempo real a un avatar podería ter múltiples aplicacións no futuro).
A Xbox 360 estrea un servizo de chat que aproveita Kinect para trasladarnos a un contorno virtual
Compartir Este Artigo
