
Por certo que dende este departamento quérese deixar claro dende o principio que a ausencia de esforzo físico implícita no traballo con equipos informáticos tamén é fonte de problemas.
A unidade, emprazada no Campus de Ourense, atendeu no curso 2010-2011 a 156 persoas, 240 dende a súa posta en marcha, e a demanda, a máis afianzamento das TIC a tódolos niveis, segue a medrar. De feito, os males xerados pola vida sedentaria e o uso dos equipos informáticos é unha das súas principais liñas de traballo e atención, malia que o seu xermolo está na Área de Deporte e Saúde do Campus de Ourense, eido do que abrolla xunto coa Unidade Médica e da Atención Física Personalizada.
A unidade, informa a Universidade de Vigo, dispón dunha fisioterapeuta osteópata, Patricia Fernández, que atende aos pacientes en instalacións do Campus de Ourense un día á semana, durante 4 horas, en sesións de 45 minutos. Para todo tipo de malestares físicos, moitos deles derivados, como dixemos, do uso excesivo do equipamento de tipo informático, achega o seguinte: tratamento de terapia manual, termoterapia, crioterapia, electroterapia e cinesiterapia.
Por certo que os principais problemas derivados dunha vida plenamente inserida no tecnolóxico-dixital, inclúense sobre todo as patoloxías nas costas producidas polas malas posturas perante as nosas pantallas. Sobre os principais usuarios do servizos, dicir que son sobre todo traballadores da propia Universidade, que duplican ao alumnado, e con porcentaxes moi semellantes de homes e mulleres. Tamén destaca a atención aos deportistas dos diferentes equipos do campus. Segundo indica a fisioterapeuta, hai moitos xeitos de evitar estes problemas físicos, para comezar levando unha vida saudable (exercicio físico para contrarrestar o sedentarismo e para liberar o estrés, que a principal causa disto) e buscando solución aos problemas mesmo antes de que aparezan.
O Campus de Ourense, en pé de loita contra os males físicos xerados pola vida TIC
Compartir Este Artigo
