Coa actualización á versión 13 do navegador Google Chrome estréase oficialmente unha funcionalidade que leva en probas preto dun mes, as Instant Pages, e que fai que o navegador web de Google realice unha carga previa (en segundo plano) do primeiro resultado das buscas realizadas a través de Google, de xeito que de premermos sobre o mesmo, a súa carga sería practicamente instantánea, axilizando considerablemente a experiencia de uso da aplicación, aínda que para gozar desta prestación é preciso activala no seu menú de configuración.
Este tipo de solución hai moito que a realizan os chamados aceleradores web, pero ao integrarse nun navegador web conséguese un funcionamento óptimo desta tecnoloxía que pode aforrarnos tempo.
Demostración do funcionamento das Instant Pages
Chrome incorpora oficialmente as Instant Pages
Compartir Este Artigo
