Skype anunciou que chegou a un acordo definitivo para a adquisición de GroupMe, compañía detrás de servizos de mensaxería móbil en grupo que está dispoñible en España dende hai pouco máis de 2 semanas, o que reforza o liderado de Skype no sector das comunicacións de voz e de vídeo engadíndolles novas posibilidades baseadas no texto, facilitando compartir posicións e fotografías ou realizar plans cos amigos.
GroupMe naceu en 2010 como froito da Techcrunch Disrupt Hackathon (conseguindo preto de 11 millóns de dólares de fondos de capital risco) e conta cunha sede en New York e 20 empregados, que continuarán a traballar con normalidade tras a venda da súa compañía a Skype.
Skype merca GroupMe
Compartir Este Artigo
