Un estudo elaborado por Nielsen nos EE.UU. destaca que aínda que hai cousa dun ano entre os usuarios de dispositivos como tablets ou lectores de libros electrónicos predominaban os varóns e os mozos, o que parece estar a cambiar de xeito significativo. Así, no terceiro trimestre de 2010 podiamos ver que o 62% dos usuarios de tablets tiñan menos de 34 anos e só un 10% superaba os 55 anos, pero no segundo trimestre de 2011 o panorama amosa unha situación moi diferente, con só o 46% dos usuarios de tablets de menos de 24 anos e un incremento dos usuarios de máis de 55 anos ata o 19%.
No que respecta aos lectores de libros electrónicos tamén vemos que os maiores de 45 anos xa son máis da metade dos usuarios, e estes mesmos dispositivos tamén evolucionaron de xeito significativo entre o público feminino, pois os eReaders pertencentes a mulleres pasaron dun 46% no terceiro trimestre de 2010 ao 61% no segundo trimestre de 2011. No mesmo período o número de smartphones quedou equilibrado en cuestión de sexo, e nos tablets, aínda que medraron entre as mulleres, tiveron que conformarse cun 43%.
Medra a idade dos usuarios de tablets e eReaders
Compartir Este Artigo
