Tense falado moito do chimpo de Inditex á Rede, e mesmo dende esta web anunciamos o salto alá polo 2009, pero o chimpo semella que aínda non chegara, polo menos o que se pode considerar definitivo e que abrangue, polo tanto, a tódalas marcas incluídas no selo Inditex, non só a Zara e Zara Home, pioneiras neste asunto. Segundo se nos conta na Rede, agora é a quenda en liña de Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho e Uterqüe, marcas que en maior ou menor medida temos ao alcance da man nas nosas cidades pero que, a partir de agora, estarán máis presentes no mercado grazas á posibilidade de venderen os seus produtos na Internet.
Ao parecer, estas e outras cousas emprazarían a Rede como a meirande tenda do grupo galego, o que certifica o bo camiño virtual iniciado por Zara e Zara Home, que agora se somete a importantes ampliacións.
Isto poderase ver claramente a partir do 6 de setembro, data fixada para a apertura en liña das devanditas tendas en 15 países europeos, incluído España e Portugal. De cara aos clientes, amais da posibilidade de mercar a distancia, ofrécense vantaxes de índole específica, como a opción de pedir un envío urxente.
As tendas de Inditex seguen o camiño aberto na Rede por Zara e Zara Home
Compartir Este Artigo
