Trinta anos no eido da electrónica de lecer e as novas tecnoloxías dixitais non, literalmente, moitos anos. As tendencias duran pouco, a vida TIC volve obsoletos formatos e aparellos que ían (no plano teórico) estar connosco para sempre, e as empresas do sector que conseguen superar as dúas décadas xa poden ser consideradas como auténticas superviventes. E xa non digamos os trinta anos, que son os que cumpre o computador portátil, un dos aparellos cos que de maneira máis certeira identifícase hoxe en día á Sociedade do Coñecemento. Para celebrar a aparición do primeiro, o Osborne 1, Media Markt vén de lanzar unha campaña estatal para achegar estes trebellos, “os portátiles e netbooks máis avanzados do mercado”, a prezos reducidos.
A estratexia levarase a cabo en tódolos centros Media Markt en España (incluídos os da Coruña, Lugo e Vigo) e máis na tenda MediaShop, diríxese, tamén, a facer especial fincapé na importancia de equipar tecnoloxicamente á rapazada que volve estes días á actividade escolar. Os folletos de Media Markt que complementan a promoción, segundo a empresa unha xanela ao último do mercado dos aparellos informáticos, amosa graficamente a evolución da tecnoloxía dos portátiles dende a posta en longo do devandito Osborne, un equipo que pesaba máis de dez quilos e que permitía un número moi limitado de funcións, ata os trebellos da actualidade, que incorporan entre outras moitas cousas tamaños de pantalla que van alén do medio metro de lonxitude, LCD con retroiluminación LED, procesadores avanzados, memorias RAM DDR3 de 32 xigas, discos duros cun terabyte de almacenamento ou baterías que teñen unha duración de ata máis de nove horas.
Media Markt celebra cunha promoción os 30 anos do portátil
Compartir Este Artigo
