
A iniciativa, segundo reflicte AGAPI na súa páxina web, busca crear valor no sector audiovisual galego, “ofrecendo unha ferramenta sinxela e práctica que beneficiará ás produtoras que teñan proxectos en fase de preprodución e dando a coñecer o patrimonio artístico e natural da nosa comunidade co obxectivo de atraermos máis producións nacionais”.
Con este fin, a axencia deu comezo a unha xeira de traballos para incluír na súa base de datos todo tipo de inmobles e terreos de persoas particulares nos que sexa posible, por medio de aluguer, desenvolver rodaxes de cinema, televisión e anuncios de publicidade.
Ultiman unha base de datos sobre localizacións galegas para o cinema e a TV
Compartir Este Artigo
