O director xeral de Nokia, Stephen Elop, visitou estes días China, e aproveitou a ocasión para conceder unha entrevista na que avanzou algunhas cousas das que posiblemente dea moitos detalles o 26 de outubro durante o Nokia World que terá lugar en Londres, como o feito de que os agardados móbiles de Nokia con Windows Phone 7 chegarán ao mercado antes de rematar o ano (desbotando os rumores que falaban de que teriamos que agardar a 2012 para velos), que polo momento Nokia manterá a súa independencia e non será adquirida por Microsoft, que mentres iOS e Android están orientados ás aplicacións o Windows Phone está orientado ás persoas e que a súa compañía continuará a crear servizos e aplicacións.
Tamén comentou que a adquisición de Motorola por parte de Google debería preocupar aos fabricantes que integran Android nos seus móbies, e confirmou que o Nokia N9 vai xogar un papel importante no mercado chinés (mentres que non chegará á meirande parte dos países occidentais).
Entrevista íntegra publicada por Sina.com.cn
Stephen Elop aseguran que teremos móbiles Nokia con Windows Phone 7 antes de rematar o ano
Compartir Este Artigo
