As Xornadas Politica2.cero, dirixidas a expoñer en detalle o potencial das redes e as ferramentas sociais na vida función pública, inauguráronse hoxe xoves 14 en Santiago contando coa presenza dunha boa parte dos máis prestixiosos especialistas estatais en materia de comunicación ligada á innovación, e viceversa. O encontro, que conta co apoio do Concello de Compostela (co seu alcalde, Xerardo Conde Roa, oficiando a apertura das actividades), comezou coa intervención de Cristina Cifuentes, encargada de abrir a quenda de relatorios a través dun percorrido polo cambio da propaganda á comunicación política. O evento, que se celebra no Mosteiro de San Martiño Pinario, irá acollendo ao longo das dúas xornadas en que se desenvolve (hoxe e mañá xoves) a un bo número de especialistas en consultoría política e promoción en Internet a través das canles 2.0.
Segundo apunta a organización, trataranse en detalle cuestións específicas como as posibilidades destas ferramentas para acadar a máxima repercusión dunha campaña electoral ou a capacidade que temos como cidadáns de participar dixitalmente na vida pública.
Por certo que abano de relatores que incorpora o programa recentemente completado é especialmente amplo: amais de especialistas nestes eidos temáticos como Esther Checa, Antoni Gutiérrez, Carlos Gutiérrez ou Ricardo Maturama, tamén haberá representantes políticos con experiencia ampla nas redes sociais, como o alcalde de Jun, Antonio Rodríguez, ou mesmo a vicepresidenta da Asemblea de Madrid, Cristina Cifuentes.
Asemade, o evento compostelán dará acubillo, entre outras moitas cousas, a unha mesa redonda onde se afondará polo miúdo na potencialidade das canles 2.0 na promoción de produtos e servizos, unha mesa que contará coa presenza de Javier Piedrahita, Paz Pérez Pernas, Javier Recuenco, Nacho de Francisco e Alberto Seoane. Lembrar tamén a organización incluíu na súa axenda a prestixiosos representantes da estratexia política dixital en Hispanoamérica, como Javier Sánchez Galicia, Felipe Benítez ou Eduardo Congrains.
As Xornadas Política2.cero converten Compostela nun macroforo de debate da nova comunicación
Compartir Este Artigo
