Hoxe Google celebra unha dobre estrea en España, xa que anuncia a chegada da Chrome Web Store no noso territorio na primeira entrada do seu blog oficial local. A tenda de aplicacións para o navegador Chrome xa leva funcionando 9 meses nos EE.UU., e agora chega a España e outros 23 países, o que permite descubrir e engadir aplicacións locais creadas por desenvolvedores e editores, así como extensións e temas, estando estes contidos repartidos en distintas categorías e, no caso de que sexan de pagamento, poderán adquirirse na nosa moeda local.
Entres as aplicacións dispoñibles na Chrome Web Store dende Google destacan a Fiabee, Doolphy, TeamBox, Minube e 3DTin, entre outras.
A Chrome Web Store xa está dispoñible en España
Compartir Este Artigo
