Non hai ningún eido da investigación onde as novas tecnoloxías do coñecemento non teñan algo que dicir. As máis das veces, para mellor. Sobre todo, no que se refire á mellora de dúas ou tres capacidades: a de acceder á información xerada, a de facilitar o cómputo desa información e a de acadar cousas que nós menos, sen axuda tecnolóxica, non dariamos conseguido. As ciencias da vida, neste senso, son un ámbito de acción de primeira. Así o entende o Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial, Bioga, que para dar a coñecer as moitas posibilidades de desenvolvemento das novas canles e ferramentas dixitais no eido científico organiza este venres 23 de setembro, en Santiago, a Xornada sobre as TIC na biotecnoloxía.
A base deste encontro, en palabras dos responsables de Bioga, é a achega competitiva que poñen en xogo os novos servizos tecnolóxico-dixitais. Polo tanto, os obxectivos da xornada pasan por subministrarlles aos participantes “unha visión actual sobre as novas tendencias da Sociedade da Información, modelos de negocio e tecnoloxías no ámbito do sector da biotecnoloxía”. Asemade, búscase fomentar o sector TIC galego. O evento diríxese sobre todo a “persoas pertencentes á industria biotecnolóxica ou interesada nas TIC”. O horario da actividade é de 10 a 15 horas. O lugar de celebración é a Sala Quintana do Hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela.
A continuación, damos conta do programa:
9.30 Recepción e entrega de documentación
10.00 Inauguración da xornada por parte do BIOGA
10.10 Relatorio
LOPD
Empresa: Lozoya y Torres Abogados
Relator: José Mª Lozoya Pérez
11.00 Relatorio
Seguridade na información
Empresa: Info JC
Relator: Jorge Cebreiro
11.50 Relatorio
Sinatura electrónica
Empresa: BitOceans
Relator:Eladio Garcia
12.40 Pausa café
13.00 Relatorio
Software de interpretación de estruturas moleculares
Empresa: MestreLab Research
Relator: Dr. Pablo Monje Fernández
13.50 Relatorio
Aplicativos para a xestión integral de proxectos
Empresa: Sinapsys
Relator: Domingo Rey
14.40 Conclusións e peche da xornada
15.00 Comida
