
O Timeline será máis visual que o perfil tradicional en Facebook, destacando por presentar unha fotografía de grande tamaño na súa parte superior dereita, como se fose unha portada, deixando ao usuario o control das imaxes que quere destacar. Un dos detalles máis prácticos desta cronoloxía é que poderemos viaxar no tempo para completar a información de cada un dos elementos que destaquemos.
Pero o Timeline non será a única novidade que achegará Facebook, senón que tamén poderemos gozar de elementos como os verbos, ou sexa, que o Gústame non será o único que poderemos facer, senón que tamén poderemos estar lendo un libro, vendo unha película ou escoitando unha canción.
Tamén mellorarán a integración coas aplicacións, de xeito que poderemos facer cousas como sincronizar a reprodución musical en Spotify entre varios usuarios ou compartir o que vemos en Netflix (servizo aínda non dispoñible en España).
Vídeo de presentación do novo Timeline
Facebook presenta o seu novo Timeline
Compartir Este Artigo
