Continuando na súa liña de ofrecer grandes eventos en directo como o casamento real británico ou un concerto de U2, dende YouTube confirman que a partir de mañá e ata o 2 de outubro van ofrecer en vivo o festival musical Rock In Rio 2011, de xeito que poderá seguirse en 24 idiomas distintos este espectáculo impresionante no que participarán formacións musicais como Metallica, Snow Patrol, Coldplay, Motörhead e Red Hot Chili Peppers, e intérpretes como Katy Perry, Elton John, Stevie Wonder, Ke$ha, Joss Stone e Rihanna.
Os concertos de Rock In Rio poderán verse a través da canle oficial en YouTube do evento, onde tamén poden verse outros vídeos históricos desta celebración na que participaron moitos dos músicos máis populares das últimas décadas (Queen, Sting, Guns n’ Roses, Shakira…) e que incluso tense trasladado fóra do Brasil ás cidades de Lisboa e Madrid.
Vídeo promocional do Rock In Rio no que repasan a historia do certame
Rock In Rio poderá verse en directo a través de YouTube
Compartir Este Artigo
