
Audiencia non lle vai faltar: cómpre ter en conta que falamos dun encontro que abrangue unha superficie de 8.000 metros cadrados, máis dun centenar de stands e un bo número de profesionais europeos das artes gráficas e a impresión dixital. A firma compostelá levará a cabo demostracións personalizadas de diversos servizos e aparellos tecnolóxicos ligados á impresión e á reprografía perante os visitantes da feira Viscom, aparellos que en boa medida veñen da man de Konica, como por exemplo a Bizhubb Press C8000, unha máquina que permite unha velocidade de impresión de ata 80 páxinas por minuto en A4 e que, en palabras de Foga, asegura o acabado a tempo de calquera tirada de produción.
A santiaguesa Foga acude á feira ViscomSign de comunicación visual
Compartir Este Artigo
