
A primeira xornada deste seminario trata o tema das televisións autonómicas no marco da televisión pública, comezando coa presentación dun estudo sobre as televisión autonómicas (centrándose nas 3 líderes no mercado), ao que seguiron distintos relatorios impartidos por Enrique Bustamante, catedrático de Comunicación Audiovisual da UAM, Emili Prado, catedrático de Comunicación Audiovisual da UAB, Mónica Terribas, directora de TV3 e Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG.
Xa pola tarde intervirá Ricardo Vaca, presidente de Barlomento Comunicación, quen falará das televisións autonómicas e as audiencias, ao que seguirá unha mesa redonda con profesionais do sector.
A xornada do venres, só en quenda de mañá, abordará as novas tendencias e os retos de futuro do sector, con numerosas intervencións entre as que destacamos a de Michael Lally, presidente de Circom Regional, Asociación Europea de Televisións Públicas Rexionais, quen impartirá un relatorio sobre A Televisión, unha industria con futuro incerto. O presidente da Asociación de Periodistas de Galicia, Arturo Maneiro, tamén realizará un interesante achegamento á dicotomía de Televisión Pública e Produción Privada.
Comezan en Compostela unhas xornadas sobre as televisións autonómicas e o sector audiovisual
Compartir Este Artigo
