O vindeiro 6 de outubro celébrase en Santiago de Compostela o II Congreso APel sobre solucións e tendencias do e-learning, una cita tecnolóxica na que se darán a coñecer as novas solucións e tendencias do ensino a distancia que hai á nosa disposición en Galicia.
O acto, ao que se pode asistir de balde previo rexistro na web oficial de Femxa, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia a partir das 9:30 horas, e nel intervirán destacados expertos con ampla experiencia no sector como o consultor do Grupo Femxa, Fernando Muñoz; o director de Neto Plus Consulting, Javier Alcázar ou a consultora de e-Learning, Lola Ruano, entre outros.
O programa do evento vai dirixido especialmente a responsables de formación, de novas tecnoloxías e de recursos humanos das empresas, porén tamén poden asistir aquelas persoas interesadas na materia que desexen coñecer de primeira man distintos casos de éxito en teleformación.
O programa, que se pode consultar ao detalle na web de Agestic, inclúe relatorios sobre e-learning interactivo; formación a distancia no eido da saúde; realidade aumentada aplicada ao e-learning e novas metodoloxías de aprendizaxe en liña, entre outros temas.
O CNTG achega máis detalles sobre o II Congreso APel de e-learning
Compartir Este Artigo

