As cidades físicas, esas nas que vivimos e que dan acubillo a tantos coches (de máis), xa non parecen dar moito máis de si no que a calidade de vida se refire. Dito doutro xeito: non semella haber quen solucione os problemas de tráfico, de ausencia de espazos verdes e de sobre-construción. En troques de rehabilitar o que hai, constrúese máis, ao tempo que se non se fan infraestruturas axeitadas que sexan unha alternativa para quen teña que coller o coche. Así as cousas, podemos facernos a seguinte pregunta: poden resolver en parte as cidades dixitais os problemas das cidades físicas que non parecen ter arranxo? Esta pregunta é o alicerce da Conferencia Digital Cities”11, un encontro internacional a celebrar en Xenebra do 24 ao 27 de outubro e que terá, como obxectivo fundamental, a busca de solucións que melloren o desenvolvemento urbano pola vía dixital.
O encontro, auspiciado por Alcatel-Lucent, contará coa presenza activa de alcaldes, urbanistas e expertos na prestación de servizos públicos básicos sobre as oportunidades e solucións que achegan as novas tecnoloxías da información. A xuntanza centrarase, tamén, en avaliar as posibilidades de diálogo entre os sectores público e privado para deseñar a vida urbana da vindeira xeración. Participarán nas mesas redondas dos obradoiros e grupos de expertos os gobernantes das principais cidades do mundo xunto con innovadores dixitais, expertos en servizos públicos e directores xerais de empresas.
Entre os relatores figuran Gabrielle Gauthey, vicepresidenta executiva de Asuntos Públicos de Alcatel-Lucent, Kim Seang-tae, presidente da National Information Society Agency e Asesor do presidente de Corea, Wim Elfrink, xefe da Oficina de Globalización de Cisco, Suvi Linden, ex ministra de Comunicacións de Finlandia e enviada especial da Comisión de la banda larga para o desenvolvemento dixital, Peter Pitch, director de Políticas de Comunicación de Intel Corporation e Juan Sabines Guerreo, Gobernador de Chiapas.
Xenebra acollerá un macroforo sobre as vantaxes que a cidades dixitais lles poden traer ás tradicionais
Compartir Este Artigo
