A Asociación Puntogal, que loita dentro anos para que teñamos un dominio propio (o “.gal”), conta arestora con máis de 12.000 apoios na Rede. Cómpre sinalar que, neste intre, a entidade está a elaborar a candidatura para o dominio propio que se vai enviar á ICANN, que o ente que coordina o artellamento da Internet. A candidatura, que pide unha extensión de primeiro nivel para a nosa cultura, enviaráselle ao ICANN a partir do 13 de xaneiro de 2012. Segundo informa Puntogal, os apoios non son poucos. Amais das devanditas sinaturas feitas a través da Rede, a asociación ten o respaldo da Xunta (a través da Secretaría Xeral de Modernización), as tres universidades galegas, a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega.
Polo que respecta ao número de entidades adheridas á proposta para o dominio galego, dicir que arestora estamos a falar de 108, entre as que se contan case dúas ducias de centros galegos na diáspora. De feito, este de manter contacto cos centros galegos da emigración é outro dos principais obxectivos de Puntogal, arestora unha comunidade moi diversa, ideoloxicamente, pero cun obxectivo común: potenciar a identidade propia da nosa terra na Sociedade da Información.
Puntogal conta co apoio de máis de 12.000 internautas
Compartir Este Artigo
