A sociedade BIC Galicia organiza tres talleres denominados Emprendedor 2.0, cos que se quere dar a coñecer, tanto a emprendedores como a futuros empresarios, o novo escenario xurdido a partir das transformacións permanentes das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). Estas accións formativas, en colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e coa Fundación CEL de Lugo, levaranse a cabo nas sedes da UNED en Ferrol, o 26 de outubro e, en A Coruña, o 7 de novembro; e nas instalacións do viveiro de empresas da Fundación CEL (Lugo) o 16 de novembro.
Os talleres, de 4 horas de duración, foron desenvolvidos por BIC Galicia e están deseñados co obxectivo de aproximar e introducir aos asistentes ao novo entorno da web social, que ofrece novas formas de acceso á información e que está a transformar a comunicación entre as empresas e os seus clientes, mediante o uso de aplicacións tecnolóxicas que permiten a colaboración dos usuarios.
Os asistentes a estes encontros coñecerán distintas ferramentas de traballo 2.0 que son de especial utilidade para a xestión empresarial, así como aspectos básicos da web social, ou accións de marketing 2.0, orientado ao novo contexto, onde a comunicación require establecer conversacións e escoitar aos potenciais clientes. Os participantes tamén terán a oportunidade de coñecer as técnicas de posicionamento básicas.
Paralelamente, BIC Galicia está elaborando o manual Empresa 2.0, no que se recollerán os cambios e oportunidades que internet e a web 2.0 están creado no mundo empresarial. Este libro formará parte da colección Manuais prácticos de xestión.
Estes manuais incorporan propostas prácticas para o funcionamento dunha empresa; ofrecen a emprendedores e empresarios as pautas necesarias para analizar a xestión empresarial en aspectos claves como: marketing, internacionalización, innovación, novas tecnoloxías, etc.
BIC Galicia leva a A Coruña, Lugo e Ferrol o seu obradoiro Emprendedor 2.0
Compartir Este Artigo
