A plataforma de televisión por satélite Digital+ non só vén de cambiar de imaxe para responder pola súa marca Canal+, senón que tamén está a mudar as canles a través das que está dispoñible, estreando Yomvi, unha plataforma de distribución de contidos mediante streaming que estará dispoñible tanto a través do PC como en dispositivos como o receptor iPlus, o iPad, o iPhone, os televisores Samsung Smart TV ou as consolas de videoxogos Xbox 360.
Este novo sistema de televisión á carta terá películas, series, documentas e grandes eventos deportivos en directo, será de balde para clientes actuais de Canal+ e tamén pode probarse durante un mes de balde para usuarios que non sexan clientes da plataforma televisiva e que de xeito independente tería un prezo de 10,95 euros/mes para acceder dende o PC aos contidos desta plataforma, e que aínda non se coñecen na súa totalidade (pois Canal+ non ten os dereitos de explotación de todos os seus contidos baixo demanda). Parece así que Netflix e outros servizos semellantes van contar con competencia en España, o que agradecerán os usuarios que ata o momento non tiñamos servizos que atendesen satisfactoriamente ás nosas necesidades de xeito legal.
Canal+ estrea unha plataforma de vídeo baixo demanda
Compartir Este Artigo
