O Instituto Tecnolóxico de Galicia, o ITG, vén de anunciar que vai impartir un curso sobre xestión da innovación nas empresas. O ciclo comeza este xoves e desenvólvese ata o 5 novembro na sede do instituto na Coruña, no Polígono do Pocomaco. Informar que vai especialmente dirixido a deseñadores e responsables de calidade e medio ambiente, de innovación e de creación de produto.
Segundo informa a dita entidade, o obxectivo da actividade formativa é achegar coñecemento en técnicas de xestión da innovación, amais de facer visibles os mellores métodos para mellorar ao máximo os procesos de innovación nas empresas. A formación é presencial e terá unha duración de 45 horas. Haberá descontos especiais para profesionais no paro, informa o ITG.
O ITG achega unha actividade formativa sobre os mellores xeitos de xestionar a innovación
Compartir Este Artigo
