O vindeiro día 2 de novembro, a partir das 9:30 horas, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia vai dar acollida á IV reunión dos usuarios VMware de Galicia, un evento que se fai chamar, de xeito resumido, IV reunión VMUG.
Precisamente, a xuntanza organízaa o Galician VMware User Group, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Traballo e Benestar, entidade directamente responsable do CNTG.
Entre os contidos a tratar nesta xornada destacan as novidades en torno a VMworld:Post-PC era&Infraestrutura e xestión cloud, que virán da man do SE Manager, Alejandro Solana, e a Virtualización do almacenamento, da man de Said Boukhizou, de DataCore, quen tamén fará unha demostración da plataforma DataCore.
A xornada finalizará cun debate entre os asistentes, xusto despois de dar por finalizado o relatorio A miña primeira plataforma virtual. Virtualización na PEME.
Compostela acollerá a IV reunión de usuarios VMware de Galicia
Compartir Este Artigo

