A aparición de smartphones e móbiles de última xeración nos últimos anos non só permitiu que a Rede se metera nos nosos petos para ser usada a cotío como se dun ordenador se tratase, foi moito máis alá, e mesmo fixo que hoxe en día os móbiles teñan aplicacións máis útiles que os propios dispositivos de sobremesa.
Unha destas ferramentas, que como outras tantas nos facilitan amplamente as nosas tarefas do día a día, é o comparador de prezos Encuentraprecios.es, que permite buscar en tempo real, comodamente dende o iPhone, as mellores ofertas dunha ampla base de datos con máis de 1.500.000 produtos.
Desta maneira, os usuarios interesados nun produto concreto, ben sexan uns vaqueiros, unha cámara fotográfica ou un portátil, poderán comparar prezos de distintas tendas dende calquera lugar e a calquera hora, tan só a golpe de click dende o seu dispositivo móbil.
Con esta ferramenta, os usuarios que entren na ligazón a iTunes correspondente, poderán ter á súa disposición os produtos que desexen adquirir ao mellor prezo final.
Encuentraprecios é unha marca de ShoppyDoo, rede de portais comparadores de prezos, produtos 2.0 e moda en liña, que ofrece os seus servizos a millóns de usuarios interesados en encontrar o que desexan da forma máis doada, rápida e eficaz.
Nova aplicación para iPhone que compara prezos ao instante
Compartir Este Artigo

