
Segundo informan dende o ente público, a mellora destas infraestruturas de telecomunicación “posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas”.
Máis polo miúdo, a implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada, e por 5 a de subida de datos; e permite conectar simultaneamente a un maior número de usuarios sen entorpecer por iso a conexión, de xeito que o alumnado galego pode dispor de máis tempo para dedicarlle a outras tarefas que non sexan agardar a que as súas páxinas de interese carguen no ordenador.
Xa que logo, con esta actuación, a Secretaría que dirixe Mar Pereira pretende dotar tanto ás cidades como ao rural galego “da mellor conectividade posible”, e colocar á comunidade educativa “na vangarda do progreso”, afirmou.
Como xa sabemos, a mellora da conectividade dos centros educativos é posible grazas á posta en marcha por parte da Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que contempla entre as súas actuacións, e en colaboración co operador R, a extensión destas redes de nova xeración (NGAs) coas velocidades máis punteiras.
68 novos centros de ensino galegos dispoñen de velocidades de conexión de 100 Mbps
Compartir Este Artigo

