Se falamos de que o vindeiro venres, 4 de novembro, vai ter lugar unha xornada de networking cerca de Santiago de Compostela, é posible que collamos a algún dos nosos lectores un pouco despistados e que non saiban moi ben a qué tipo de acto nos referimos e se é axeitado que asista. Agora ben, se apuntamos que o vindeiro venres vai haber no Fogar do Santiso algo semellante a unha cea de negocios na que as persoas asistentes acoden para ampliar o seu abano de contactos e establecer contacto visual con outros aos que xa coñeceron a través das redes sociais, é posible que aclaremos mellor a súa idea do que é o networking. Máis polo miúdo, nesta ocasión trátase do I aniversario de Xeoinquedos, un grupo creado para dar acollida a xente de Galicia e arredores con ganas de compartir as súas inquedanzas, proxectos ou ideas sobre as TIC aplicadas ás ciencias da terra (como a xeolocalización), que vai ter lugar no Fogar do Santiso o vindeiro venres, 4 de novembro, ás 20:00 horas. Segundo informa a organización, “será un evento distendido, simplemente algo de networking para comentar o ano, facer retrospectiva, enfocar novos retos e sobre todo pasar un anaco entre a xente que fixo posible que Xeoinquedos chegara ao ano de idade”. Trátase dun evento aberto, polo que calquera persoa que teña interese en asistir pode facelo cubrindo o formulario que achegan no blog oficial.
Xeoinquedos celebra o seu I aniversario cunha xornada de networking en Compostela
Compartir Este Artigo

