
O encontro, informan os responsables do mesmo (o Ministerio e a Consellería de Educación), contribúe ademais ao intercambio de experiencias e boas prácticas entre as diferentes Comunidades Autónomas, propiciando ademais a apertura de vías de cooperación neste eido.
A xornada de hoxe, informa a Consellería de Educación, comezou coa conferencia de Javier Celaya – do portal cultural Dosdoce.com– Lectura compartida: Tendencias emerxentes e implicacións para es ámbito de las bibliotecas escolares, arredor da experiencia da lectura compartida na internet. O programa continuou con dúas mesas de debate simultáneas nas que se abordaron, por unha banda, os cambios que supuxo para a lectura o desenvolvemento da internet; por outra as achegas da web 2.0 e as tendencias derivadas dos novos soportes para a lectura., tales como a lectura social e colaborativa.
Durante a tarde os representantes de centros educativos de Galicia, Cataluña, Melilla e Murcia expuxeron experiencias e boas prácticas de integración da cultura impresa e a cultura dixital para o fomento da lectura nas diferentes Comunidades Autónomas.
A segunda xornada pecharase coa conferencia de escritor e editor Víctor Freixanes, arredor do papel das bibliotecas escolares na construción da sociedade lectora.
Arredor de 500 expertos avalían en Compostela as oportunidades das TIC nas bibliotecas
Compartir Este Artigo
