O novo tablet de Amazon, o Kindle Fire, non só parece que este Nadal vai superar en vendas ao iPad (segundo unha enquisa elaborada por Retrevo), senón que tamén amosa cada vez máis o seu potencial como canle de distribución de contidos, e veñen de anunciar que o seu quiosco virtual vai achegar máis de 400 revistas e xornais a toda cor, aos que os posuidores dun Kindle Fire poderán subscribirse, podendo incluso recibir unha subscrición de proba por 3 meses a 17 revistas de Condé Nast (entre as que destacan Wired, GQ, Vanity Fair e Glamour). O resto de publicacións terán un período de proba de balde por 14 días.
Aínda que a pantalla de 7 polgadas cunha resolución e 1.024 x 600 píxeles do novo tablet de Amazon é dun tamaño bastante reducido, o seu atractivo prezo (199 dólares) e o feito de que vaia achegar e-books, xornais, revistas, música, series de televisión, aplicacións, videoxogos e acceso a Internet, apoiándose na integración da plataforma Kindle de Amazon, podería dar lugar ao primeiro competidor serio para o iPad, descoñecéndose polo momento os seus plans de comercialización fóra dos EE.UU.
O Kindle Fire facilitará o acceso a máis de 400 revistas e xornais a toda cor
Compartir Este Artigo
