A V edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD) celebrou onte a súa última xornada, centrada nos emprendedores e emprendedoras, a través de 4 relatorios conducidos polas entidades Red.es, BizTeachDay, StartupDigest e The Ranking.com, que presentaron a súa visión particular da situación actual da tecnoloxías e as súas ferramentas.
O abano de actividades sobre esta temática completáronse con 2 mesas redondas sobre a situación empresarial.
Ao longo desta xornada dedicada aos novos empresarios, o director xeral de red.es, Carlos Cano, presentou o Spain Teach Centre, unha iniciativa para facilitarlle a entrada das entidades tecnolóxicas españolas no mercado americano.
As persoas asistentes tamén puideron coñecer de primeira man as claves para montar a súa propia empresa, unirse a unha startup, obter financiación ou deseñar unha web na liña das últimas tendencias tecnolóxicas do mercado.
Tampouco faltou, neste terceiro día de Foro, o relatorio do Centro de Internet e Multimedia de Telefónica Dixital, que da man do seu director de investigación, Pablo Rodríguez, ofreceu un relatorio sobre O futuro dos datos.
FICOD 2011 pechou as súas portas coa participación do CTO da rede social Tuenti, Erik Schultink, quen, a través do relatorio Tu de Tuenti: La nueva telco 2.9, mostroulle aos asistentes as vantaxes do primeiro operador móbil virtual de carácter social integrado cunha rede social: o Tu.
Segundo el, “a sociedade cada vez é máis móbil”, polo que a nova operadora virtual traballa para facilitar a comunicación entre persoas, “fomentando a conectividade total”, asegurou.
FICOD despídese con bos augurios para as persoas emprendedoras
Compartir Este Artigo

