A mediados deste ano, en Código Cero demos conta do primeiro servizo de consumo de vídeo en liña creado en España, o Wuaki.tv, que destacaba pola súa facilidade de uso, comodidade e sobre todo, pola súa ampla oferta de contidos.
Esta plataforma, creada na liña do servizo internacional Netflix, ofrecía xa de entrada un catálogo de máis de 1000 películas e series, o 30 por cento das cales eran españolas.
Uns meses despois, e logo de permitir durante todo este tempo que os amantes do sétimo arte puidesen gozar do mellor cine sen moverse da súa casa nin ter que acceder ás descargas ilegais para poder facelo sen deixar un ollo da cara, Wuaki.tv vén de lanzar unha suculenta promoción para os novos usuarios, que poderán facerse cun televisor intelixente con conexión a Internet por participar nun concurso.
Trátase do sorteo Acierta y gana, que a plataforma lanzou na súa páxina de Facebook, no que só por acertar unha pregunta de cine, os internautas reciben unha película de balde e entran no sorteo dun televisor Samsung Smart TV de 32”.
E é que, para facilitar o acceso dos usuarios a Wuaki.tv, a firma asinou varios acordos de colaboración cos principais fabricantes de televisores intelixentes, como LG, Samsung, Panasonic ou Philips, desde os que poder conectarse para ver as películas directamente nelas.
Asemade, Wuaki.tv conta coa posibilidade de acceder aos seus servizos a través do disco duro multimedia de Siemens Gigaset, ou do Smarty de LG, e segundo anunciou, “en breve será accesible tamén dende videoconsolas e tablets”.
Lembremos que esta plataforma permite alugar películas sen cotas mensuais nin subscrición a partir de 0,99 euros, e gozar delas durante 48 horas.
Wuaki.tv sortea un Samsung Smart entre os seus usuarios de Facebook
Compartir Este Artigo

