
O número 1 de Fiz pode mercarse en galego por 1,59 euros, estando tamén dispoñible unha edición da mesma en español, o que supón a estrea de Retranca na distribución dixital, de xeito que agora as obras desta editorial galega tamén poden seguirse dende o ordenador ou a través de dispositivos móbiles de Apple (dende KOOMIC xa están a traballar no seu salto a Android). A semana que vén agárdase a publicación do número 2 desta revista que en formato físico véndese a 3,50 euros, polo que é un magnífico exemplo de que en soporte dixital pódese optar por uns prezos máis agresivos.
KOOMIC comeza a distribuír banda deseñada en galego
Compartir Este Artigo
