O Paraninfo da Universidade de A Coruña vai acoller, entre hoxe e o vindeiro venres, 16 de decembro, un ciclo de xornadas sobre ferramentas para saír da crise, que contará coa presenza de destacados relatores do sector financieiro e emprendedor do país.
Instrumentos para saír da crise contempla dúas accións dirixidas a empresarios, autónomos, emprendedores, estudantes e calquera outra persoa con inquietudes polo mundo empresarial moderno, que fará fincapé no uso das novas tecnoloxías e as redes sociais.
Nunha primeira parte desenvolverase un taller práctico sobre estratexias empresariais, que terá lugar hoxe e o vindeiro xoves, 15 de decembro, baixo os epígrafes de Que lle pasa á miña empresa e por qué? (hoxe a partir das 18:30horas) e Como podo solucionalo?, o xoves tamén a partir das 18:30 horas. As relatoras convidadas a este obradoiro son Noela Burés Grandío e María Montero Fernández, de Qualinnova Consulting.
Posteriormente, xa o venres 16, terá lugar un dos eventos máis destacados no ámbito das redes sociais, contando coa participación de expertos de recoñecido prestixio como José Luis Casal, Juan Merodio, Tristán Elósegui Figueroa e Manuela Battaglini, aos que, segundo afirman os responsables do evento, “é moi difícil atopar xuntos nun mesmo foro”.
A xornada, que dará comezo a partir das 10:00 horas cun relatorio sobre o uso das redes sociais como ferramentas de comunicación empresarial, desenvolverase en horario de mañá e de tarde, tempo que estes gurús de recoñecido prestixio aproveitarán para dar a coñecer as claves para ter presenza na Rede e sacar proveito da mesma.
A web do evento achega máis información detallada sobre os relatores convidados, así como os horarios e a temática de cada un dos actos a celebrar no marco destas xornadas.
Xornada TIC na Coruña para axudarnos a saír da crise
Compartir Este Artigo

