Durante a presentación de resultados do operador galego de cable R, o seu conselleiro delegado, Arturo Dopico, asegurou que 2012 sería o ano no que a súa compañía faría os maiores esforzos por modernizar o seu servizo de televisión, engadindo inicialmente o vídeo baixo demanda, para adoptar despois a alta definición.
Finalmente temos un calendario de activación do vídeo baixo demanda para os usuarios R que conten con descodificador de televisión, e que incluirá os servizos catálogo R (con películas, series de televisión, deportes e documentais que poderán consumirse á carta, pagándoos de xeito independente ou a través de bonos) e rebobina R (que facilitará o acceso en diferido a boa parte dos contidos televisivos de R da última semana, o que permite librarse da escravitude das grellas de programación).

Para poder gozar desta novidade, a partir da data indicada os usuarios deben actualizar os seus receptores, para o que deberán apagalos durante uns 10 ou 20 minutos para recibir a última versión do software de R.
R comezará a activar o servizo de vídeo baixo demanda o 31 de xaneiro
Compartir Este Artigo
