En decembro Facebook fixo oficial un novo xeito de ver os perfís persoais na súa web chamado biografía (Timeline, en inglés) e a partir de agora as páxinas de Facebook tamén teñen dispoñible tal posibilidade, o que facilita unha aparencia máis visual destes espazos no servizo creado por Mark Zuckerberg. Deste xeito, a presenza de empresas, organizacións e persoeiros pode asemellarse á dos usuarios de Facebook, dando unha maior uniformidade ao sistema.
O principal cambio para as páxinas de Facebook é a posibilidade de pór unha fotografía de portada acompañando á icona de cada páxina, o que facilita ás marcas amosar a súa identidade (sen ter que limitarse a un pequeno recadro) ao que acompañarán as publicacións na páxina divididas en dúas columnas como nas biografías dos usuarios, permitindo tamén resaltar contidos a dúas columnas e incluso fixar unha publicación na parte superior da páxina, para que as persoas que a visiten poidan recibir a información máis importante dende o primeiro momento.
Como acontece nas biografías persoais, as entidades tamén poderán incorporar informacións con datas en concreto para reflectir momento destacados da súa historia.
Os administradores das páxinas tamén poderán ver (ou agochar) un bloque de contidos sobre a imaxe de portada na que centralizar a xestión da mesma, xa que nese espazo verán a súa actividade recente e as mensaxes que reciban a través da mesma.
As páxinas tamén fanse máis sociais, de xeito que cando un usuario as visita, verá destacada a actividade que fixeron na mesma os seus amigos.
As páxinas de Facebook toman o deseño das biografías de usuario
Compartir Este Artigo
