A tenda de aplicacións descargables de Apple está de celebración por ter superado durante a pasada fin de semana os 25.000 millóns de descargas, marca que ningunha outra tenda semellante conseguiu nunca, e que continúa a superarse a un ritmo que está lonxe de reducirse. O usuario que realizou a descarga 25.000 millóns foi o chinés Chunli Fu, quen descargou a versión de balde do xogo de Disney ¿Dónde está mi agua?, o que valeulle unha tarxeta de agasallo de 10.000 dólares (válida para adquirir contidos descargables nos distintos servizos de Apple).
A App Store conta actualmente con máis de 550.000 aplicacións, demostrando que as aplicacións descargables teñen tanta variedade e demanda como as descargas musicais. O negocio das descargas para Apple é cada vez máis importante, e sumando iTunes, a App Store e a iBookstore superaría os 5.400 millóns de dólares en ingresos en 2011, cantidade un 33% superior á do ano anterior.
25.000 millóns de aplicacións descargadas da App Store
Compartir Este Artigo
