Datos publicados por IDC indican que durante o último trimestre de 2011 o número de tablets distribuído a nivel mundial medrou un 56,1% chegando a 28,2 millóns de unidades, o que suporía un incremento interanual do 155% e sumando un total de 68,7 millóns de unidades durante todo o ano, evolución que leva á compañía de análises de mercado a modificar as súas predicións para 2012 de 87,7 millóns de unidades a 106,1 millóns.
Esta información tamén amosa que Apple vai perdendo terreo no sector, pechando 2011 cun 54,7% de cota de mercado, en boa medida polas fortes vendas do Kindle Fire de Amazon, aínda que non prevén que os tablets con Android poidan superar ao iPad ata 2015.
Os tablets con Android achéganse en cota de mercado ao iPad
Compartir Este Artigo
