A tenda en liña de pesca deportiva PéZcalo continúa a destacar polas súas propostas modernas de conectar co público, e agora estrea PeZcamigos, unha aplicación en Facebook, que facilita que calquera usuario da plataforma social de Mark Zuckerberg poida facer uso dela e conseguir cartos que despois poderá gastar en artigos de pesca.
PeZcamigos é unha ferramenta moi doada, que consiste en que o usuario invite aos seus amigos de Facebook á aplicación, de xeito que, de aceptar 5 dos seus amigos, recibirá un cupón de 10 euros para empregar en compras en PéZcalo. Entre todos os participantes sortearán un vadeador Avatrans H1-C Duero, unha das novidades da marca Seland para 2012, que aspira a converterse en todo un imprescindible para os seareiros da pesca durante todas as tempadas.
Esta nova iniciativa de PéZcalo desenvolveuse en colaboración de Tuapli, unha empresa viguesa dedicada ao marketing dixital baseado na creación de aplicacións para Facebook.
PéZcalo estrea unha aplicación en Facebook desenvolvida en Galicia
Compartir Este Artigo
