Tras o pasamento de Steve Jobs, numerosas foron as editoras que apostaron por comercializar biografías e outros libros centrados na figura do co fundador de Apple, entre as que destacou a de Walter Isaacson, que foi un dos libros máis vendidos a nivel mundial durante 2011, e vendo este éxito dende a editorial Alfaguara decidiron achegar este tipo de contidos a un público novo, de aí que publiquen o libro Steve Jobs: el hombre que pensaba diferente.
Esta nova obra de Karen Blumenthal repasa a vide de Steve Jobs para un público xuvenil e toma como base o célebre discurso que Jobs deu na Universidade de Stanford animando aos mozos a non renunciar aos seus soños. A autora é redactora do The Wall Street Journal e tamén escribiu varios libros de ensaio para mozos que recibiron premios nos EE.UU.; estando a súa último obra xa dispoñible en España por 13,95 euros en formato físico e por 7,99 euros en dixital.
Publican en España unha biografía de Steve Jobs para mozos
Compartir Este Artigo
