Os usuarios de terminais móbiles Nokia Lumia poden gozar dende hoxe en exclusiva de novas versións das aplicacións Nokia Mapas e Nokia Conducir, que están dispoñibles como descargas de balde no Marketplace de Windows Phone.
A aplicación Nokia Conducir é a que goza dunha renovación máis importante, pois agora inclúe información sobre os límites de velocidade cando imos no automóbil (evitando así sancións) e facilita o seu uso totalmente fóra de liña, de xeito que os usuarios poden descargar previamente os mapas que desexen (por exemplo, a través dunha conexión Wi-Fi) para facer posteriormente uso da navegación GPS sen precisar de contar con banda larga móbil (o que resulta especialmente para quen non ten tarifa de datos contratada ou para que queira empregar o GPS no estranxeiro).
Pola súa banda, Nokia Mapas tamén permite engadir localizacións como favoritas, pensando en compartir lugares por correo electrónico, SMS ou redes sociais. Tamén amplía as súas capas de mapa, que aparte da vista tradicional e a de satélite, tamén conta coa de transporte público e a de tráfico en tempo real (informacións que non están dispoñibles en todas as cidades, pero que resulta de especial interese para turistas).
Nokia Conducir xa funciona totalmente fóra de liña
Compartir Este Artigo
