
Así nolo fai saber Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, a rede de emisoras municipais da nosa terra, quen tamén fai fincapé no obxectivo duplo de Vitaminas: “Sensibilizar sobre a necesidade de que haxa medios de comunicación en galego para garantir a transmisión interxeracional, amais da procura de recursos económicos para axudar á supervivencia dos medios”. A campaña, para conmemorar os ditos logros de financiamento, apoios e integrantes, xa está a preparar un festival de música e poesía para o 27 de abril, a celebrar no local da Gentalha do Pichel, en Santiago. Asemade, tamén están previstos varios eventos para o 17 de maio. A iniciativa, impulsada dende un inicio por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, conta xa con 25 medios asociados, pois as devanditas cabeceiras se lles uniron Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; o xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira, o programa radiofónico Plástico Elástico e os mensuais Gaceta de Fene e Cerne, xornal da terra de Melide.
Vitaminas conseguiu xa 200 mecenas e 7.000 euros
Compartir Este Artigo
