
Esta peza, cóntase dende Praza Pública, presentarase no concerto da banda previsto para o 12 de maio na cidade de Ourense. A metodoloxía para participar na peza colectiva será a seguinte: facéndonos unha fotografía termando dunha das frases de Galicia Caníbal, escrita sobre calquera soporte (dende un folio en branco ata o que se nos ocorra, pero que se lea) para irmos completando o tema. O prazo para concorrer nesta iniciativa remata este mércores 28. As imaxes que se están a xerar xa se poden votar na Rede. As que máis gusten formarán a estrutura e o miolo do dito vídeo resultante.
Os Resentidos convocan a colaboración dos seus seareiros no Facebook para o seu vídeo de regreso
Compartir Este Artigo
