
A web que xurdiu desta idea é PoliticAhora, e está chamada a servir de plataforma obxectiva coa que achegarlle a política á cidadanía sen estar condicionada pola ideoloxía dun partido político e “facendo que as ideas de cadaquén sexan froito da súa reflexión persoal”, afirman os seus desenvolvedores no DUVI.
Neste diario dixital tamén se indica que Pereira e Mo déronse a coñecer a través das redes sociais e fixeron do boca a boca “o seu mellor recurso publicitario”, para, posteriormente, lograr crear unha rede de participación a nivel nacional demostrando “que no eido universitario é imposible ser apolítico”, afirman.
A plataforma, que está desvinculada de calquera partido ou ideoloxía, comezou sendo un blog dende o que os autores se dirixían aos internautas da contorna universitaria porén, “a obxectividade e a calidade dos artigos”, (os motivos que achegan dende o DUVI para xustificar as visitas recibidas), fixeron que os blogueiros decidiran subir un chanzo e crear unha web de seu dende a que dirixirse a máis público.
Malia que Pereia e Mo comezaron sos nesta andaina, PoliticAhora xa ten actividade alén dos nosos lindes, e segundo afirman os estudantes, contan coa colaboración activa de amigos e coñecidos das universidades de Barcelona, Madrid, Granada, Valladolid e Santiago de Compostela, formando, nas súas palabras, “pequenos grupos de estudantes que colaboran enviando artigos para a web, que posteriormente revisamos e publicamos, sempre e cando manteñan a obxectividade e sexan respectuosos”, aclara Mo.
A web, que estes días ferve con todo tipo de información e comentarios sobre a Folga do 29M, achega unha interesante entrevista realizada polos autores a Mario Conde, e vai dar acollida, en breve, a unha entrevista a Gaspar Llamazares, que a ben seguro non deixará pasivo a ningún lector.
Dous estudantes galegos poñen en marcha a web PoliticAhora
Compartir Este Artigo

